Os premios "Ara Solis"

Ara Solis

O “Altar do Sol”, ou “Ara Solis”, que as lendas sitúan en Fisterra, é a figura elexida para os galardóns que se entregarán ás persoas e entidades recoñecidas cos Premios Galicia de Turismo.

Galicia é unha ventá ao instante máxico no que o sol se agocha nun lugar secreto baixo o mar. Galicia é unha terra de sosego e reflexión espiritual; o Camiño; o Destino de todos os destinos. Un lugar para disfrutar dunhas paisaxes cargadas de significado, e dun patrimonio cultural e arquitectónico que é o resultado da confluencia todas as culturas curiosas e inquedas que non se conformaron con ver o movemento do sol e decidiron seguilo.

Quen segue ao sol, chega a Galicia e celebra a festa das respostas.

Foi Décimo Junio Bruto (o avó de Bruto, protagonista da conspiración dos “Idus de Marzo” contra Julio César) quen, chegou a Fisterra e, segundo a lenda, atopou o Ara Solis. Este templo forma parte tamén das lendas xacobeas.

Scroll to top