BASES LEGÁIS DE PARTICIPACIÓN NA PROMOCIÓN “SORTEO ENTRE OS VOTANTES DO PREMIO GALICIA DE TURISMO 2019 NA CATEGORÍA ESCENARIO”

Os Premios Galicia de Turismo 2019, convocados polo Clúster Turismo de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, rexeranse polas seguintes

EMPRESA ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN

A Asociación Cluster Empresarial Turismo de Galicia (a partir de agora CTG), con sede social no Edificio Centro Emprendemento (Coworking), Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás s/n, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña), organiza con fines promocionais o “sorteo entre os votantes do Premio Galicia de Turismo 2019 na categoría Escenario” (a partir de agora “a promoción”).

OBXETO DA PROMOCIÓN

A través da Promoción, o CTG pretende promocionar a participación na enquisa habilitada na web premiosgaliciadeturismo.gal para outorgar o Premio Galicia de Turismo 2019 na categoría de “Escenario”.

ÁMBITO XEOGRÁFICO DA PROMOCIÓN

O ámbito de aplicación da promoción é nacional, e o país España.

ÁMBITO TEMPORAL DA PROMOCIÓN

A promoción iniciarase o día 18 de outubro de 2019 e finalizará o día 10 de novembro de 2019, ambos incluidos, e máis concretamente dende que se comunique a promoción e se publiquen na web estas bases legáis.

COMUNICACIÓN

A promoción comunicarase indistintamente a través de Internet e redes sociais.

PREMIOS

Os premios que se van outorgar aos gañadores da promoción son:

Estancia en habitación dobre e réxime de alojamento e almorzó no Hotel NH Collection A Coruña Finisterre (5 estrelas).

Unidades: 03 estancias.

Entregarase un só premios por usuario/persoa.

O premio non poderá ser obxecto de cambio, alternación ou compensación económica en ningún caso.

O gañador deberá acreditar ser maior de idade. So o gañador fose menor de idade será anulada a súa participación na promoción.

A reserva poderá realizarse para calquera data, excluindo as comprendidas entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ambas incluidas.

As reservas deberán realizarse cunha antelación mínima de sete días, e a súa confirmación está suxeita a dispoñibilidade do hotel para esas datas.

As condicións de cancelación que se aplican á reserva serán as estipuladas polo hotel nas súas condicións xerais e acores á súa política.

O gañador poderá facer uso do premio estancia ata o 31 de decembro de 2020.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN

Poderá participar na promoción calquera persoa que cumpla cos requisitos que se especifican nas presentes bases.

Os requisitos de participación serán os seguintes:

  • Poderán participar aquelas persoas que se rexistraran cunha dirección de e-mail no sistema de votación habilitado na web premiosgaliciadetirismo.gal para outorgar o premio Escenario 2019 y exerceran o seu coto elexindo unha das 24 localizacións que optan ao premio.
  • Poderán participar aquelas persoas que sexan maiores de idade e así o declaren no formulario de rexistro.
  • Os datos personais cos que os participantes reenchan o formulario de rexistro.
  • Os datos persoais cos que os participantes recheen o formulario de inescrición deberán ser datos veraces.
  • Os participantes poderán inscribirse na presente promoción e votar unha soa vez.
  • A participación é gratuíta.

Entre todos os votantes registrados entre o día 18 de outubro de 2019 (e máis concretamente no momento en que se comuniquen e se publiquen na web premiosgaliciadeturismo.gal as condicións da promoción) e o 10 de novembro de 2019 ás 24 horas, se seleccionarán ao azar aos tres gañadores dos premios. Non se terán en conta para o sorteo aqueles votos registrados con anterioridade ou posterioridade a estas datas.

DESIGNACIÓN DOS GANADORES E SUPLENTES

O sorteo polo que se designará aos tres gañadores e aos tres respectivos suplentes da promoción realizarase mediante o uso de ferramentas específicas como “Random Result” ou algunha similar, e o resultado será completamente aleatorio.

A participación no sorteo supón a aceptación indncidional destas bases.

Os gañadores do sorteo serán notificados da súa condición a través dunha mensaxe directa privada enviada á dirección de e-mail que facilitara no rexistro no momento de realizar a votación.

Os gañadores do concurso deberán responder á mensaxe no prazo máximo de 7 días dende a súa recepción, indicando á súa aceptación do premio. Se transcurrido ese prazo o gañador non respondeu, ou no caso de que o gañador non acepte o premio, outorgarase á persoa designada como suplente de ese gañador. No caso de que este último tampouco aceptase ou renunciase ao premio, será declarado deserto.

O gañador ou gañadores non poderán renunciar aos premios unha vez foran aceptados e consitan expresamente que o CTGutilice o seu nome ou imaxe para calquera publicidade ou comunicación en redes sociais, website ou calquera outro soporte, o que se fará sen ningunha contraprestación para o gañador.

LIMITACIÓNS

Si se puxera de manifesto que calquera dos participantes non cumple cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos facilitados para participar non foran válidos, a súa participación sreá considerada nula e quedarán automáticamente excluidos da promoción, perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta promoción.

Non poderán participar na promoción os membros do Comité Executivo do CTG nin calquera outra persoa física que participara directa ou indirectamente na organización deste concurso ou estivera involucrado directa ou indirectamente na súa preparación ou desenvolvemento (axencias, proveedores, etc,).

O premio entregado non será transferible nin susceptible de cambios, alteracións ou compensacións a petición dos participantes, e non poderá ser canxeado por calquera outro produto ou por diñeiro,

Correrán por conta e cargo do gañador calquera carga fiscal ou tributaria que a aceptación do premio pondera suponer, así como cañquera outro gasto derivado da promoción que non estea expresamente asumido polo CTG nas presentes Bases Legáis.

PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Os datos personais facilitados serán incorporados a un ficheiro responsabilidade da Asociación Cluster Empresarial de Turismo de Galicia, con domicilio social no Edificio Centro Emprendemento (Coworking), Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás s/n, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña), e serán usados coa finalidade de participar na presente promoción.

Asi mesmo, consinte tamén o tratamento dos seus datos con fines promocionais e autoriza ao CTG á comunicación dos seus datos ás súas empresas vencelladas, coa finalidade indicada. Igualmente, autorizan o envío de comunicaciónns electrónicas pòlo CTG e polas vencelladas. Non obstante, poderán en calquera momento revocar o consentemento prestado enviando un e-mail á seguinte dirección de correo electrónico: secretariatectnica@clusterturismodegalicia.com. Os participantes poderán ejercitar. En calquera momento, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixindo á súa solicitude á seguinte dirección: Secretaría Técnica da Asociación Clúster Turismo de Galicia, Edificio Centro Emprendemento (Coworking), Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás s/n, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña).

DEREITO DE MODIFICACIÓN E ANULACIÓN

O CTG resérvase o dereito de modificar en calquera momento as condicións da presente promoción sempre que houbera causa xustificada, comprometéndose a comunicar con suficiente antelación as novas bases e condicións.

Así mesmo, o CTG reservase o dereito a cancelar, modificar ou suspender a promoción en casos de forza maior ou caso fortuito que pondera impedir a realización da promoción ou o disfrute total ou parcial do premio, como fraudes detectados na mesma, erros técnicos ou calquera outro motivo que non estea baixo control do CTG e que afectra ao normal desenvolvemento da promoción.

LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas bases legáis rexeranse de conformidade coa legislación española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que pondera plantexarse en relación coa validez, interpretación ou complemento destas Bases nos Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Scroll to top