Luz Casal, o embaixador da República de Corea en España e os irmáns Vilas, honoríficos dos Premios Galicia de Turismo 2019

Recibirán os correspondentes galardóns como Embaixadora Nacional, Embaixador Internacional e Pioneiros.

Santiago, 22 de novembro de 2019.- O Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia decidiron outorgar os tres recoñecementos honoríficos dos Premios Galicia de Turismo na súa primeira edición a: Luz Casal, que recollerá o galardón como Embaixadora Nacional 2019; Hong-jo Chun, embaixador da República de Corea en España, premio Embaixador Internacional; e os hosteleros Ramón e Francisco Vilas, recoñecidos como Pioneiros.

O Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia consideran que a cantante Luz Casal representa o sentimento de orgullo pola terra e que coa súa sólida e recoñecida traxectoria artística contribuíu en boa maneira a difusión da marca Galicia por todo o país. Ademais, e a través da organización do Festival da Luz, celebrado na súa localidade natal, Boimorto (A Coruña), Luz Casal axuda a promoción dun turismo sostible, responsable e respectuoso co medio ambiente e as persoas.

Galicia é un destino turístico moi recoñecido e valorado na República de Corea, sendo un dos países en todo o mundo que máis visitantes trae a nosa Comunidade. Concretamente, ó Camiño de Santiago encheuse de peregrinos surcoreanos nos últimos anos pese aos máis de 10.000 quilómetros que separan Seúl da capital compostelana. Como embaixador da República de Corea en España, Hong-jo Chun destaca pola súa contribución á difusión de Galicia como destino turístico.

O Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia queren recoñecer tamén nesta primeira edición dos premios o traballo que a familia Vilas, e máis concretamente os irmáns Moncho e Paco Vilas, realizaron para consolidar a reputación dun restaurante, Casa Vilas, que se converteu nun referente de Galicia no mundo e durante máis de un século deu de xantar aos persoaxes máis destacados da sociedad española e internacional.

Scroll to top