Ribadavia será recoñecida nos Premios Galicia de Turismo 2019 co galardón ao mellor “Escenario”, que se entregará durante a gala que terá lugar o vindeiro 3 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Categoría: Nota de prensa
JAVIER VEIGA PRESENTARÁ A GALA DA PRIMEIRA EDICIÓN DOS PREMIOS GALICIA DE TURISMO
A primeira edición dos Premios Galicia de Turismo, convocados polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, contará como mestre de cerimonias co actor Javier Veiga (O Grove), encargado de conducir unha gala que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o 3 de decembro.
MARINEDA CITY EXPÓN AS FOTOS DOS LUGARES QUE OPTAN AO PREMIO “ESCENARIO”
Os visitantes do centro comercial coruñés Marineda City poderán disfrutar ata ó próximo domingo 10 de novembro dunha exposición fotográfica orientada a dar a coñecer ás 24 localizacións que optan a levarse o galardón Escenario 2019 na primeira edición dos Premios Galicia de Turismo, convocados conxuntamente polo Cluster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia.
24 LOCALIZACIÓNS OPTAN Á CATEGORÍA ESCENARIO DOS PREMIOS GALICIA DE TURISMO
A categoría Escenario dos Premios Galicia de Turismo decidirase a través dunha votación aberta na web entre un total de 24 localizacións.