MARINEDA CITY EXPÓN AS FOTOS DOS LUGARES QUE OPTAN AO PREMIO «ESCENARIO»

Os participantes na votación poderán gañar unha estancia no NH Collection Finisterre 5* da Coruña

Santiago, 29 de outubro de 2019. Os visitantes do centro comercial coruñés Marineda City poderán disfrutar ata ó próximo domingo 10 de novembro dunha exposición fotográfica orientada a dar a coñecer ás 24 localizacións que optan a levarse o galardón Escenario 2019 na primeira edición dos Premios Galicia de Turismo, convocados conxuntamente polo Cluster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia.

O premio Escenario, que recoñece unha localización natural, urbana, histórica ou cultural destacada pola súa beleza, relevancia, coidado e conservación, será outorgado polos votantes que participen na enquisa aberta na web premiosgaliciadeturismo.gal.

Os 24 lugares preseleccionados polo comité do Cluster Turismo de Galicia -6 de cada provincia- que compiten por este recoñecemento son:

Na Coruña: a Torre de Hércules, na Coruña; a Praza do Obradoiro, en Santiago; os cantís de Fisterra; a Ruta Modernista de Ferrol, a fervenza do Xallas ou Ézaro, en Dumbría; e as Fragas do Eume, en Pontedeume.

En Lugo: a praia das Catedráis, en Ribadeo; Cabo do Mundo, en Chantada; a muralla romana de Lugo, a aldea de Piornedo, nos Ancares; o Fuciño do Porco, no Vicedo e Pedrafita do Cebreiro.

En Ourense: Ribadavia; Allariz; a Baixa Limia e Serra do Xurés, en Lobios; o mosteiro de Oseira, en Cea; a Ponte Vella, en Ourense e o miradoiro de Cabezoás, en Parada de Sil.

En Pontevedra: as illas Cíes, en Vigo; a fervenza do Toxa, en Silleda; a praia da Lanzada, no Grove; a desembocadura do Miño dende Santa Tegra, na Guarda; a igrexa da Peregrina, en Pontevedra; e a península de Monterreal, en Baiona.

O prazo para as votacións finaliza o domingo 10 de novembro as 24.00 h.  e entre todas as persoas que voten a través de web sortearanse tres estancias no hotel NH Collection Finisterre A Coruña de 5 estrelas.

Scroll hacia arriba