A INDUSTRIA TURÍSTICA E A XUNTA COLABORAN PARA CREAR OS PREMIOS GALICIA DE TURISMO

Santiago, 4 de outubro de 2019. O Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, anunciaron esta mañá en Santiago a convocatoria dos primeiros Premios Galicia de Turismo.

Os Premios foron presentados nun acto que tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea no que tamén participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Os Premios Galicia de Turismo son o resultado dun modelo de colaboración público privado para a promoción de Galicia e o desenvolvemento sostible dun sector económico moderno e competitivo.

Na súa primeira edición, os Premios constarán de nove categorías. Tres delas renderán homenaxe a persoas que teñan contribuido ao longo da súa vida á prómoción e á consolidación do prestixio de Galicia. Serán os premios ao “Embaixador ou Embaixadora Nacional”, ao “Embaixador ou Embaixadora Internacional” e á “Traxectoria” dunha persoa profesional do turismo. Estes tres galardóns serán concedidos directamente polo Clúster Turismo de Galicia.

Haberá tamén un premio ao mellor “Escenario” de Galicia que se decidirá nunha votación aberta na web dos premios: premiosgaliciadeturismo.gal. Os internautas poderán elexir entre 24 fotografías, seis por cada provincia.

Os outros cinco premio serán decididos por un xurado presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e formado por representantes da industria, da Administración e da Universidade. Trátase dos premios “Vangarda”, “Sostibilidade”, “Patrimonio”, “Promoción” e “Evento”.

A presentación de candidaturas a estas cinco categorías pode facela calquera persoa ou entidade a través dun formulario que estará a disposición na web dos Premios, no Clúster Turismo de Galicia o una Secretaría Técnica. Os prazos para a presentación de candidaturas e para a votación pública na web rematarán o vindeiro 10 de novembro.

Os Premios serán entregados nunha gala que terá lugar a finais deste ano na cidade da Coruña.

Durante a presentación, os promotores expresaron o seu desexo de que esta gala se convirta no grande acontecemento anual, non só para a industia turística, senón tamén para toda a sociedade galega, orgullosa de vivir nunha terra fermosa e atractiva.

Tamén invitaron a participar e implicarse nos premios a empresas e entidades identificadas con Galicia. Neste sentido, agradeceron a colaboración do banco SabadellGallego e de Torre de Núñez, que tamén participaron no acto de presentación.

Scroll hacia arriba